Unha plantación de millo esfola parte da coiraza do dolmen da Pedra da Arca
12:43 28/06/20
A Pedra da Arca, un dos dolmens da Ruta das Antas, sito en Vimianzo e pegado ao Concello de Dumbría, é un dos elementos patrimoniais máis simbólicos da comarca e “un dos mellor conservados de Galicia”.
Pero non escapa da falta de concienciación do necesario coidado do noso patrimonio. Como denuncia historiadegalicia.gal, unha plantación de millo vén de destrozar a coiraza do castro.
As pedras da muralla están esparcidas polos arredores do dolmen despois de que un tractor acondicionase o lugar para desenvolver a plantación.