O primeiro peregrino estrea a Vía Mariana
22 de maio de 2019 (13:05 h.)
No día de onte fixo a súa chegada ao albergue municipal do Outeiro, en Baíñas o peregrino Carlos Leiria de Lisboa. Este é o primeiro peregrino que percorre a Vía Mariana, ese proxecto luso-galaico que vertebra os grandes santuarios marianos entre a cidade de Braga e a localidade de Muxía, e que fai uso das instalacións municipais en Baíñas. Foi recibido polos membros da Asociación Baíñas no camiño, Ramón e Josefina.
Este é o comezo dun gran proxecto que acollemos cunha grande ilusión. Un proxecto que naceu dende o asociacionismo e que conta co apoio de varios concellos.
Novas relacionadas
- Marzo 2019: A Asociación Baíñas no Camiño acondiciona sinalizando e prantando frondosas a Vía Mariana.
- Decembro 18: A Vía Mariana traerá en primavera os primeiros peregrinos.