Os técnicos da Xunta toman nota das necesidades dos viais autonómicos de Vimianzo

Os técnicos da Axencia Galega de Infrestruturas (AXI) estiveron esta semana en Vimianzo para concretar a mellora da rede viaria de titulariedade autonómica en varios puntos ao longo do municipio vimiancés. A alcaldesa Mónica Rodríguez, o primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Medio Rural, Víctor Muíño, e o concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez, guiaron aos técnicos polos puntos máis urxentes.

O Concello emitiu unha petición á Xunta para realizar melloras en Santa Irene, A Lagoa, Calo, Tras do Ceán e Cabana (Carantoña), Berdoias e Baíñas, ademais de adecuar a entrada en Vimianzo e requeriulle a reparación urxente das fendas das beirarrúas de Lexas.