Tesouros da Parroquia de Berdoias (V): A Eira do Carmelo

Eira do Carmelo, con pombal e cabazo
Continuamos da man “Asociación Parroquial de Berdoias“ e o Seminario de Estudos Comarcais (SEMESCOM), recuperando o rico e variado patrimonio que atesouran os lugares da parroquia vimiancesa de Berdoias. Hoxe seguimos ca serie sobre as construcións de transformación de gran, coas Eiras.

Mostra do Patrimonio Material da Parroquia de Berdoias:
Construcións de transformación do Gran (V):
A Eira do Carmelo, en Berdoias

A carón da Casa de Acollida ó Camiñante, na parte alta, ventosa e solleira, do lugar de Berdoias, atópase ubicado un conxunto dun pombal, un cabazo e unha eira.

Un pombal cilíndrico e de teito de ferradura, un cabazo atlántico de cantería, e a eira do Carmelo. Esta eira do Carmelo é un espazo arquitectónico, parte cuadrangular e parte circular, perfectamente empedrado, cun chan de lousas rectangulares, moi regulares en tamaño.

Ten de bordo un sólido cercado con tramos de alturas que oscilan entre 1,10 m e 1,25 m, e un ancho de 0,70 m, bastante ben conservado. Este muro perimetral está cuberto pola cara interior que dá á eira con lousas de diversos tamaños, e acompañado de cachotería en todo o resto.

Un muro compacto non só era apto para protexer o froito senón tamén para facer a malla do trigo, do centeo e das aveas co pisar das bestas.


Eira do Carmelo, co chan e a cara interior do bordo, enlousadas


Mapa das eiras do lugar de Berdoias


Conxunto da eira do Carmelo, Pombal e cabazo, mirando a Berdoias

Tesouros de Berdoias