Mércores. 28.10.2020
El tiempo

Tesouros da Parroquia de Berdoias (I): A Eira da Rata

A Eira da Rata serve para abrir a nova serie de Tesouros da Parroquia de Berdoias, da man da SEMESCOM e a Asociación Parroquial de Berdoias
A Eira da Rata serve para abrir a nova serie de Tesouros da Parroquia de Berdoias, da man da SEMESCOM e a Asociación Parroquial de Berdoias
Tesouros da Parroquia de Berdoias (I): A Eira da Rata

A “Asociación Parroquial de Berdoias“ e o Seminario de Estudos Comarcais (SEMESCOM), están a traballar nun censo do rico e variado patrimonio que atesouran os lugares da parroquia vimiancesa de Berdoias. Dentro dos obxectivos deste traballo están os de localizar, recopilar e promocionar os diversos elementos patrimonias entre os veciñ@s e visitantes, e tamén entre [email protected] [email protected] camiñantes e [email protected] coma os da Vía Mariana Luso-Galaica, vía internacional de Braga a Muxía, e que atravesa pola parroquia de Berdoias e pola da veciña de Baíñas.

Unha das canles de difusión deses tesouros estase a facer polas redes, e, neste sentido, nada mellor que asomarse ó diario dixital da Costa da Morte Quepasanacosta, fiestra pola que iremos, ós poucos, dando cadra e conta dalgúns deles.

Mostra do Patrimonio Material da parroquia de Berdoias: Construcións de transformación do gran: As Eiras

Hoxe, aquí, queremos comezar por eses espazos arquitectónicos complementarios das casas-vivenda rurais que son AS EIRAS. Esas construcións de transformación do gran que, noutros tempos, centralizaron o traballo campesiño de cada verán coas mallas do trigo, do centeo, da avea… A eira e os labores de separar o grao da palla na malla, importancia socioeconómica a parte, foron motivo de inspiración dunha rica cultura popular: literaria, musical, artística... No resto do ano as eiras tiveron outros moitos usos: para secar as castañas, secar e debullar as fabas, legumes, para esfollar o millo, secar a roupa. Incluso para os xogos infantís… Pero foron esmorecendo dun xeito acelerado ó longo da segunda mitade do século XX porque a mecanización, os progresivos cambios nos cultivos, as necesidades de novos espazos , e outros cambios inspirados na industrialización do mundo do agro, contribuíron en gran mediada á súa desaparición en moitos lugares.

Non entanto, hoxe, neste traballo lévanse censadas na parroquia de Berdoias unhas 36, un feito que a converte nunha auténtica reserva de eiras, e cun número apreciable delas en aceptable estado de conservación., tanto nos seus chans empedrados coma nos seus valados perimetrais.

Velaí vai esta primeira xoia: A Eira da Rata

Ubicada no interior do núcleo de Berdoias, a poucos metros da Vía Mariana e da antiga escola, hoxe “Casa de Acollida” ó camiñante que atende a Asociación Parroquial de Berdoias, é un espazo e unha paisaxe máxica: coa EIRA, construción enlousada para a transformación do gran e bordo perimetral ben conservado; coa CABANA, construción para almacenar trigo, centeo, avea ...; e co CABAZO, construción para conservar e almacenar o millo. Tres arquitecturas do pan, todas elas amantes de espazos solleiros e ventosos.

Velaquí tamén, dúas fotografías da eira: Unha de antes, sen rehabilitar; outra de agora, xa rehabilitada.

Eira da Rata ONTE-Berdoias-Vimianzo-Foto-Tino do Coto copia

Eira da Rata HOXE en Berdoias-Foto-SEMESCOM e Asociacion Parroquial Berdoias copia

comentarios