Vimianzo acolle unha Xornada Técnica da ADSG sobre os retos sanitarios do sector gandeiro

  • A XIV Xornada Técnica da ADSG Costa da Morte centrará a súa atención no control de vectores, a dermatose nodular contaxiosa e a situación sanitaria da comarca

 

 

A Asociación de Defensa Sanitaria Gandeira (ADSG) Costa da Morte celebrará o 11 de decembro de 2025, ás 11:45 horas, na Casa da Cultura de Vimianzo, a súa XIV Xornada Técnica, un encontro de referencia que reúne cada ano a gandeiros, profesionais veterinarios e expertos do sector.

As entidade continúan sendo unha ferramenta esencial para mellorar a sanidade e a competitividade das gandarías, fomentando a cooperación, reducindo custos e reforzando os estándares sanitarios da comarca. Por iso, esta XIV edición busca actualizar coñecementos, responder a novos desafíos e fortalecer o traballo conxunto entre profesionais.

Retos sanitarios

Nesta edición, a xornada abordará cuestións de máxima actualidade para as explotacións bovinas, cun programa centrado en retos sanitarios emerxentes e medidas prácticas de prevención:

  • Control de vectores en explotacións bovinas (Enrique Ruiz · Director Científico e de Desenvolvemento Tecnolóxico en Zotal)
  • Dermatose nodular contaxiosa: bioseguridade e prevención (Carlos Carbonell Baeza · Técnico de rumiantes de leite en MSD).
  • Situación actual da ADSG Costa da Morte (Fco. Javier Villaamil · Veterinario da ADSG)

Tras as sesións técnicas, celebrarase un xantar ás 14:30 horas no Restaurante Pastoriza (prezo de 20€, e ben os socios da ADSG están invitados, e cada un poderá acudir cun acompañante).