Vimianzo acondiciona os tramos da Vía Mariana

O tenente de alcalde, Víctor Muíño, e o presidente da Asociación ‘Baíñas no Camiño’, Ramón Trillo, na Vía Mariana

Non ten apenas treito do Camiño dos Faros así que ao Concello de Vimianzo correspóndelle coidar o seu camiño da Vía Mariana, ao paso parroquias de Baíñas e Berdoias. Esta semana pasada administración local, coa axuda do compromiso dos veciños e veciñas das parroquias, acometeu melloras que contemplan a limpeza de varios tramos e a colocación de sinalétitca.

Recuperouse, á súa vez, un tramo á altura de Baíñas, xa que estaba completamente soterrado pola vexetación, e a terra estaba en moi mal estado, e que permitirán evitar as estradas.

Está previsto que estes traballos rematen o día 1 de xullo, xa que os vehículos todavía se atopan no lugar realizando as actuacións.

Novas relacionadas