Vimianzo di #atalogo á artesanía e #ola á arqueoloxía

Comezaron as escavacións no Castro das Barreiras deste 2020
Días de cambio por Vimianzo. Mentres clausuraba a campaña estival da Mostra de Artesanía en Vivo do Castelo, o Concello de Vimianzo tamén daba a benvida aos arqueólogos que levan a cabo, un ano máis, no Castro das Barreiras.

Foi emotiva a despedida dos artesáns e artesás que encheron de vida e cultura o Castelo vimiancés durante este singular verán, deixando unhas cifras de visitantes moi importantes.
A alcaldesa Mónica Martínez quixo agradecer “a valentía e predisposición” ds protagonistas, e deixou claro que as valoracións dos visitantes demostran a importancia de manter vivo este lugar.


Clausura da Mostra de Artesania en vivo do Castelo de Vimianzo

Practicamente ao mesmo tempo o equipo de Terra Arqueos comezaba a traballar no ‘extraordinario’ xacemento do Castro das barreiras, como o define Tito Concheiro.

 

10 anos de escavacións

Esta fase é unha continuación da que se fixo o ano pasado, continuando xa 10 anos de traballos, e intentando agora crear unha área visitable. ‘Este castro hai que entendelo en relación co seu potencial turístico, cultural e de investigación’, aludía Concheiro. ‘Este castro ten unhas condicións extraordinarias en relación coa súa posta en valor, xa que é parte do Concello, logo de facerse a concentración parcelaria aló polo ano 1969’, sinala o arqueólogo.

Concheiro defende a singularidade do castro vimiancés, onde “esperan atopar ademais da muralla, unha casa amortizada, que foi anulada como vivenda no seu momento e servirá para coñecer a dinámica vertical do asentamento’, declarou o supervisor dos traballos.

Concheiro agradece, de novo o compromiso do Concello para “manter con vida” o xacemento, o mellor xeito de mantelo conservado.


Ao inicio dos traballos, que comezaron hoxe, acudiron a alcaldesa, Mónica Rodríguez; o concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez; o responsable dos traballos e arqueólogo, Tito Concheiro e Manuel Rial, do departamento de Turismo do Concello de Vimianzo

Novas relacionadas