Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O Castro de Barreiras: o expediente X da arqueoloxía galega

O Castro de Barreiras: o expediente X da arqueoloxía galega
Esta semana un equipo de arqueólogos coordinados por Tito Concheiro están a atraballar no Castro de Barreiras, en Ogás, na entrada de Vimianzo. O equipo está a realizar un estudio cronolóxico para poder enmarcar o importante castro nunha nun periodo concreto da Idade de Ferro. O caso é como asegura o propio Concheiro, o castro vimiancés é o "expediente X da arqueoloxía galega". I é que ata o de agora non se realizou ningunha excavación científica sobre el a pesar da súa representatividade. Agora, con estes estudios agardan coñecer a idade, e poder saber se efectivamente é da época castrexa final, cercana á época romana, como se pensa dado o seu emprazamento. Con todo, os traballos están a ser complexos xa foi cultivado moitos anos e hai un nivel de sedimentación moi denso. Como afirma Concheiro "a arqueoloxía dos Castros é como abrir un melón, e ata que o cortas non sabes o que ten". A catalogación do castro vai permitir ter unha visión moi máis global da historia na Costa da Morte xa que falamos dunha das comarcas de Galicia cun rexistro castrexo máis brillante. Agora, "toda esta riqueza crea un parque arqueolóxico moi variado e un polo de atracción cultural enorme na Costa da Morte", afirmou o arqueólogo.

Por que ata o de agora non se estudiou?

Concheiro asegurou que "é moi extraño que un Castro coma este non se teña estudiado", Pero apunta as razóns poden ser porue "a tradición da arqueoloxía científica galega fixo que a Costa da Morte quedase especializada ao Megalitismo". "A Costa mirou de sempre ao seu patrimonio megalítico e ás veces esquenceu o resto de épocas".

Novas relacionadas

Comentarios