A xira das Tanxugueiras arribará en Vimianzo
09 de abril de 2022 (16:54 h.)
O ciclón das Tanxugueiras volve á Costa da Morte. Xa as falabamos delas mesmo en 2017 cando as calificabamos das protagonistas da “revolución do trad galego”, e mesmo tivemos unha Tlonga conversa o pasado mes de maio, case un ano antes de Eurovisión.
Pero tralo seu arrasador paso polo festival aínda non as puideramos ver, e o poderemos facer 16 de maio, na previa das Letras Galegas, en Vimianzo. O Concello prepara un concerto moi potente, para ver de preto ás Sabela, Olaia e Aida (cómpre lembrar que os avós de Sabela e Olaia son da Picota) preto das súas raíces.
O concerto celebrarase ás 21:30 horas na rúa Brañas. As entradas estarán dispoñibles en www.woutick.es cun prezo de 10 euros ata esgotar existencias.
Novas relacionadas
- Maio 21: Tanxugueiras: "Soñamos con que a nosa música se escoite en cada vez máis escenarios”.
- 07-2017: A revolución trad das Tanxugueiras serán as protagonistas da primeira edición do Festifolk de Mazaricos .