Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A xira das Tanxugueiras arribará en Vimianzo

COncerto Tanxugueiras en Vimianzo maio 2022
A xira das Tanxugueiras arribará en Vimianzo

O ciclón das Tanxugueiras volve á Costa da Morte. Xa as falabamos delas mesmo en 2017 cando as calificabamos das protagonistas da “revolución do trad galego”, e mesmo tivemos unha Tlonga conversa o pasado mes de maio, case un ano antes de Eurovisión.

Pero tralo seu arrasador paso polo festival aínda non as puideramos ver, e o poderemos facer 16 de maio, na previa das Letras Galegas, en Vimianzo. O Concello prepara un concerto moi potente, para ver de preto ás Sabela, Olaia e Aida (cómpre lembrar que os avós de Sabela e Olaia son da Picota) preto das súas raíces.

O concerto celebrarase ás 21:30 horas na rúa Brañas. As entradas estarán dispoñibles en www.woutick.es cun prezo de 10 euros ata esgotar existencias.

Novas relacionadas

Comentarios