A Fedanpa organiza en Baio a segunda xornada de formación
12 de marzo de 2013 (08:25 h.)
Este vindeiro venres 15 de marzo a Federación de Anpas da Costa da Morte organiza a segunda Xornada de Formación para ANPAs, comunidade educativa en xeral e persoas interesadas. A primeira xornada realizámola no Pazo da Cultura de Carballo e esta segunda realizarase en Baio, Zas.
A sesión, ao ser en venres, terá que comezar ás 21:30h, e fará unha "Consulta sobre os libros de Texto. A LOMCE a debate". Intervirán Juan A. Villar, presidente da Anpa do IES de Baio, Xosé Antón de la Fuente Subiela, presidente da federación de ANPAs da Costa da Morte, e mais María Rei Villas, licenciada en Bioloxía e DEA en Didáctica e Organización Escolar pola UDC.
Antes, de 20:30h a 21:30h, haberá unha reunión sobre a xestión nas Anpas.
Novas relacionadas
- Os pais e nais da Costa da Morte envían unha carta de preocupación ao Conselleiro ante os orzamentos de educación.
- A ANPA do Agra Raíces pide unión da comunidade educativos nos peores momentos do ensino público.
- A bitácora da semana (CCI): A Federación de Anpas da Costa da Morte.
- A Fedanpa convoca unha concentración polo Ensino Público na capital de Bergantiños.
- As ANPAs propoñen un referendum pola reutilización e gratuidade dos libros.
- As Anpas da Costa da Morte propón un programa de reutilización de libros de texto.
- A Federacións de ANPAs da Costa da Morte estréase cunha dura crítica á LOMCE.
- 17-10-12: A mocidade da Costa da Morte tamén se rebela por un ensino público.
- 10-05-12: A folga do ensino déixase notar nos centros da Costa da Morte.
Fonte
- Xosé Antón de la Fuente Subiela, presidente da federación de ANPAs da Costa da Morte.