Mércores. 24.04.2024
El tiempo

As ANPAs propoñen un referendum pola reutilización e gratuidade dos libros

As ANPAs propoñen un referendum pola reutilización e gratuidade dos libros
Reunion da Federación de Anpas da Costa da Morte

As nova Federación de Asociacións de Nais e Pais de alumnos da Costa da Morte, están a promover unha reclamación diante da consellería de Educación e Ordenación Universitaria para que esa consellería organice un sistema de reutilización dos libros de texto e préstamo de material escolar.

E o fan a través dun referendum, pedindo á comunidade educativa de cada centro (anpa) adherido á federación de ANPAs da Costa da Morte que participe. Así, tras enviar un informe a cada anpa, solicitar un consello escolar extraordinario en cada centro, procederase a realizar as votacións haberá unha urna e papeletas impresas co seguinte texto:

  • Estás de acordo con esixir a implantación dun sistema de reutilización de libros de texto?

As razóns do refererendum

A entidade prantexa varias razóns que nos levan ata esta situación, tal e como anunciaron este pasado sábado:

  • A necesidade de que os libros de texto da educación obrigatoria non sexan unha carga económica para as familias. No actual curso estamos a ver a dura situación na que se atopan as familias debido a crise social e económica, o desemprego e as reducións salariais. As bolsas destinadas á axuda de compra de material son insuficientes para garantir que todo o alumnado estea provisto dos libros de texto e outro material necesario.
  • A seguridade de que o tratamento de materiais que han ser devoltos en boas condicións, para o seu uso posterior, incide positivamente na educación dos nosos fillos e fillas.
  • A progresiva implantación, necesaria e así mesmo demandada nesta solicitude, de novas tecnoloxías a utilizar no ensino, será moito máis doada cando o material didáctico non dependa xa da capacidade económica das familias.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios