Venres. 03.07.2020
El tiempo

A Fedanpa convoca unha concentración polo Ensino Público na capital de Bergantiños

A Fedanpa convoca unha concentración polo Ensino Público na capital de Bergantiños
A Fedanpa convoca unha concentración polo Ensino Público na capital de Bergantiños

Tremendamente activa nace esta Federación de ANPAs da Costa da Morte. Se a semana pasada propuñan un referendum pola reutilización e gratuidade dos libros, esta semana a Xunta Directiva xa presentou o programa da I Xornada de Formación para Anpas deste vindeiro 26 de xaneiro.

Pero ademais, a Xunta tratou outros temas de interese, como a integración das Comisións dos Consellos Escolares, ou a adhesión da Federación á concentración da Plataforma Galega do Ensino en contra da LOMCE do vindeiro 31 de xaneiro. Xa nos explicaron dende a Fedanpa as súas razóns contra esta nova Lei,e consideran necesario acodir ás mobilizacións en defensa do ensino público.

Ademais, a entidade toma o relevo e será ela a promotora dunha Concentración na zona, concretamente na capital de Bergantiños, en Carballo. Así, as asociacións fan un chamamento a toda a comunidade educativa de Bergantiños, Soneira e Fisterra para que asista á convocatoria, pois en defensa do ensino público defendemos o futuro das fillas e fillos do noso país, o vindeiro 31 de xaneiro en Carballo.

Xornadas de Formación de ANPAs

Xornadas ANPAs da Costa da Morte

O vindeiro sábado 26 de xaneiro, a partir das 17:00h, o Pazo da Cultura de Carballo acollerá a I Xornada de Formación de Anpas. Falarase da xestións das mesmas así como haberá unha charla-debate sobre a situación do ensino público.

Tomarán a palabra:

  • Loli Fernández Vázquez, xefa do Negociado de Intervención da Universidade da Coruña, presidenta da anpa “Manuel Murguía” do IES Agra de Leborís da Laracha e membro do seu Consello Escolar.
  • Pepe Bustelo Tarrío, licenciado en empresariais pola universidadede Santiago de Compostela, presidente da anpa “Fonte da Cristina” do CEIP A cristina de Carballo e membro do seu Consello Escolar.
  • Jesús M. Domínguez Fernández, asesor dunha empresa de Protección de Datos de Carácter Persoal.
  • Marta Rei Vilas, DEA en Didáctica e Organización Escolar.
  • Alfonso Varela, representante da Plataforma Galega do Ensino Público.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios