Adro revive a Foliada dos Panos
21 de novembro de 2025 (07:04 h.)
A familia da AC Adro, unha das máis activas da comarca en materia de música tradicional, prepárase para a IV Foliada dos Panos, baseada na vestimenta tradicional.
O vindeiro domingo 29 de novembro, a Praza Jorge Mira sacará os seus mellores panos, as súas mellores coplas e os seus mellores cantos de taberna para o goce de toda a poboación da comarca.
Haberá carpa onde tocarán 15 grupos da volta, de pandereita, acordeón, gaitas... e despois repichoca, foliada libre.
Haberá sorteos, os míticos callos e moito máis.