Adro revive a Foliada dos Panos
07:04 21/11/25
A familia da AC Adro, unha das máis activas da comarca en materia de música tradicional, prepárase para a IV Foliada dos Panos. O vindeiro domingo 29 de novembro, a Praza Jorge Mira sacará os seus mellores panos, as súas mellores coplas e os seus mellores cantos de taberna para o goce de toda a poboación da comarca.
Haberá sorteos e moito máis.


