Avelino González trae os seus contos ás Torres do Allo

Arrincan as citas culturais do completo Verán Cultural para adultos de Zas. Faino no incomparable marco das Torres do Allo, e fano a base de humor. Será o monologuista Avelino González o que traia os seus Contos que foron chistes” este domingo ás 20:30h.

Esta é unha actuación aberta a todos os públicos e para asistir é necesario reservar praza previamente en calquera dos Centros Socioculturais municipais ou a través dos números de teléfono 981 751 398 / 981 718 056 (en horario de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas). Un pouco antes desta actuación, ás 19:30 horas, temos unha nova sesión das visitas teatralizadas. Francisca Riobóo Álvarez e Víctor López Seoane - interpretados por Os Quinquilláns, farannos un percorrido polo pazo máis antigo de Galicia. Tamén é necesario anotarse antes da función a través do endezo electrónico info@torresdoallo.gal ou no propio pazo.

Animación de rúa en Baio

 

Coincidindo coa celebración das festas de San Cristobo, o sábado 10 de xullo o grupo Troula animarán a partir das 20:00 horas as rúas de Baio co seu espectáculo “O estrano caso do dentista da rúa Brasov”.

Novas relacionadas