Venres. 29.03.2024
El tiempo

As Torres do Allo propoñen un verán completo

Verán 2021 TORRES DO ALLO copia
As Torres do Allo propoñen un verán completo

Volven as Torres do Allo acoller un completo verán cultural. As actividades diarias anuais continúan activas, como son Visitas Guiadas ás 13:00 e ás 17:00 (cita previa), e o Xogo de Pistas (a realizar no horario de apertura). Pero as grandes estrellas da programación son as Visitas Teatralizadas coa compañía Os Quinquilláns Teatro, todos os domingos de xullo e agosto, ás 19:30. Cómpre facer reserva previa en [email protected] ou no whatsApp 655716743.

Ademais pódese visitar a exposición temporal “Zas polo miúdo” ata o 15 de setembro.

Ampliación de horario

Dende o 15 de xuño ao o 15 de setembro, o pazo máis antigo de Galiza abrirá todos os días da semana, isto é, de luns a 
domingo, en dous horarios:
- de luns a venres, 11:00-20:00;
- sábados e domingos, 11:00 a 21:00.
 

Outras actividades

Hai tamén unha serie de actividades puntuais, como son os dous Obradoiros Especiais Infantís, que se celebrarán os días 23 de xuño e o 14 de xullo, respectivamente. Xa está o prazo de inscrición aberto para o de San Xoán (en [email protected]).

Haberá concertos, como o de Nastasia Zürcher cunha actuación en acústico, será o venres 30 de xullo (hora por determinar).

Dende o 1 de xullo ata o 30 de agosto é o período de recepción das fotografías do noso concurso fotográfico Enfoques do Allo, que nesta ocasión acada a súa V edición.

Na mañá do 31 de agosto celebrarase de novo o Mercado de San Ramón, centrado na artesanía da bisbarra.

Comentarios