Martes. 15.10.2024
El tiempo

Avelino González trae os seus contos ás Torres do Allo

verancultura-avelinogonzalez
Avelino González trae os seus contos ás Torres do Allo

Arrincan as citas culturais do completo Verán Cultural para adultos de Zas. Faino no incomparable marco das Torres do Allo, e fano a base de humor. Será o monologuista Avelino González o que traia os seus Contos que foron chistes” este domingo ás 20:30h.

Esta é unha actuación aberta a todos os públicos e para asistir é necesario reservar praza previamente en calquera dos Centros Socioculturais municipais ou a través dos números de teléfono 981 751 398 / 981 718 056 (en horario de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas). Un pouco antes desta actuación, ás 19:30 horas, temos unha nova sesión das visitas teatralizadas. Francisca Riobóo Álvarez e Víctor López Seoane - interpretados por Os Quinquilláns, farannos un percorrido polo pazo máis antigo de Galicia. Tamén é necesario anotarse antes da función a través do endezo electrónico [email protected] ou no propio pazo.

Animación de rúa en Baio

 

Coincidindo coa celebración das festas de San Cristobo, o sábado 10 de xullo o grupo Troula animarán a partir das 20:00 horas as rúas de Baio co seu espectáculo “O estrano caso do dentista da rúa Brasov”.

Novas relacionadas

Comentarios