Badius estrea na casa a súa nova aposta polo terror
25 de febreiro de 2015 (08:02 h.)
Este sábado, 28 de febreiro as 22:00 hrs, no Auditorio de Baio, o grupo de teatro Badius, con 30 anos ás súas costas, estrea a súa nova obra "Frankenstein". Por primeira vez, o grupo baiés fai unha aposta escénica co xénero do terror. O terror dende a perspectiva de Badius, pois a dose de humor nunca pode faltar.
Xa saben que a cita é de balde, así que non a poden perder.
Sinopse
Frederik Frankenstein é o neto do famoso Dr. Frankenstein. Aínda que renega do que seu avó fixo, ao recibir a súa herdanza e descubrir os seus experimentos, vai tentar repetilos. Crea entón a súa propia criatura que será perfecta ou eso cre el. Aclaremos: algunhas partes do monstro si son perfectas... pero iso xa o descubriredes ao final.
Ficha Artística
- MARCO A. ÁLVAREZ: Frederik Frankenstein (O doutor).
- JOSÉ DE BETY: Estudante – Igor (O axudante do doutor).
- PABLO G. SOTO, “PIBE”: Sr. Reuman (Un vello) – Herr Ignazi (O xefe da policía).
- JUAN CAAMAÑO: Gerard Falopio (Un avogado) – Cego.
- GLORIA REGALDIE: Elizabeth (A noiva do doutor).
- LOURDES VIDAL: Inga (A axudante do doutor).
- MONCHO LEMA: Frau Brujer (A ama de chaves).
- RAÚL GONZÁLEZ: O Monstro.
Ficha Técnica
- ADAPTACIÓN DO TEXTO: Ricardo Vigueret.
- ESCENOGRAFÍA: “Badius”.
- AMBIENTACIÓN MUSICAL: Ricardo Vigueret.
- CANCIÓN DO MONSTRO: José de Bety - Raúl González
- LUCES E SON: “Badius”.
- VESTIARIO E MAQUILLAXE: “Badius”.
- ATREZO: “Badius”.
- PROGRAMAS: www.albertofoto.es - Ricardo Vigueret.
- SECRETARIA: Mª Carme Fernández.
- DIRECCIÓN: Alberte Villar.
Aquí tendes un pequeno adianto:
Máis información
Novas relacionadas
- A programación continua segue enchendo o auditorio de Vimianzo.
- #30anosdeBadiusTeatro: O estado de saúde do teatro costeiro aproba con nota.
- Un regalo viral para os 30 anos de Badius Teatro.
- 14-11-14: Badius arrinca cas clases da Escola de Teatro Infantil en Baio e Zas.
- Nova fornada de actores en Zas.
- Badius Teatro xa fai o sueco no Youtube.
- 25 anos espallando o teatro dende Baio para toda a Costa da Morte.
- O teatro pechou o curso en Zas.
- Badius e Feminino Plural gañan premios no certame de teatro afeccionado máis importante do país .
- Un novo premio nas vitrinas do grupo de teatro Badius .
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).