venres. 09.05.2025
El tiempo

Badius estrea na casa a súa nova aposta polo terror

Badius estrea na casa a súa nova aposta polo terror
Frankenstein de Badius Teatro

Este sábado, 28 de febreiro as 22:00 hrs, no Auditorio de Baio, o grupo de teatro Badius, con 30 anos ás súas costas, estrea a súa nova obra "Frankenstein". Por primeira vez, o grupo baiés fai unha aposta escénica co xénero do terror. O terror dende a perspectiva de Badius, pois a dose de humor nunca pode faltar.

Xa saben que a cita é de balde, así que non a poden perder.

Sinopse

Frederik Frankenstein é o neto do famoso Dr. Frankenstein. Aínda que renega do que seu avó fixo, ao recibir a súa herdanza e descubrir os seus experimentos, vai tentar repetilos. Crea entón a súa propia criatura que será perfecta ou eso cre el. Aclaremos: algunhas partes do monstro si son perfectas... pero iso xa o descubriredes ao final.

Ficha Artística

  • MARCO A. ÁLVAREZ: Frederik Frankenstein (O doutor).
  • JOSÉ DE BETY: Estudante – Igor (O axudante do doutor).
  • PABLO G. SOTO, “PIBE”: Sr. Reuman (Un vello) – Herr Ignazi (O xefe da policía).
  • JUAN CAAMAÑO: Gerard Falopio (Un avogado) – Cego.
  • GLORIA REGALDIE: Elizabeth (A noiva do doutor).
  • LOURDES VIDAL: Inga (A axudante do doutor).
  • MONCHO LEMA: Frau Brujer (A ama de chaves).
  • RAÚL GONZÁLEZ: O Monstro.

Ficha Técnica

  • ADAPTACIÓN DO TEXTO: Ricardo Vigueret.
  • ESCENOGRAFÍA: “Badius”.
  • AMBIENTACIÓN MUSICAL: Ricardo Vigueret.
  • CANCIÓN DO MONSTRO: José de Bety - Raúl González
  • LUCES E SON: “Badius”.
  • VESTIARIO E MAQUILLAXE: “Badius”.
  • ATREZO: “Badius”.
  • PROGRAMAS: www.albertofoto.es - Ricardo Vigueret.
  • SECRETARIA: Mª Carme Fernández.
  • DIRECCIÓN: Alberte Villar.

Aquí tendes un pequeno adianto:

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios