Sábado. 04.07.2020
El tiempo

25 anos espallando o teatro dende Baio para toda a Costa da Morte

25 anos espallando o teatro dende Baio para toda a Costa da Morte

A campaña de captación de amigos do grupo de Teatro Badius está en marcha coincidindo co comezo deste outono teatreiro. Este grupo de teatro afeccionado con sede en Baio, conta con actores dos concellos de Cabana, Laxe, Vimianzo e Zas.

Un grupo que despois de 25 anos de actividade, pódese considerar un referente nesta actividade na Costa da Morte.

Nos últimos tempos levan percorrendo o país coa súa "Bancagare" ou o seu "Xoo... ante o perigo" , facendo sátira de problemas de hoxe.

Se queres unirte, para máis información chamar o 981 75 13 98, e non dubides en darnos a túa opinión na dirección de correo electrónico [email protected] ou en Facebook no grupo Badius.

Trailer de "Xoo... ante o perigo"

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

comentarios