Baio prepara a súa Carballeira

Coma sempre, o último domingo de xuño, a fermosa Carballeira de Baio acolle a súa romaría. Cada familia, ao completo, monta o seu chiringo dende a mañá para xa disfrutar da sardiñada.

A cita será este domingo 26 de xuño, e contará coa sesion vermú a cargo da orquestra "La Calle". Pola tarde seguirá a festa, coa Charanga Vendabal, os gaiteiros da Fonte de Fornelos, a Charanga NBA e o inconfundible Cé Orquestra Pantasma, que de seguro deixará pegada na vila baiesa.

Á tarde noite toca sesión co grupo folk Fol de Veneno, e pola noite volve a La Calle á verbena e pechará a Disco Móbil.

E aquí quedades cun vídeo verbeneiro senporsen:

Máis información festeira

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).