4 días de Revolta Irmandiña no Asalto ao Castelo de Vimianzo


O que quedaba nunha noite de troula xa se está convertindo en case que unha semana de festexos. O XI Asalto ao Castelo de Vimianzo chega completo este ano. Dende o mércores 29 de xuño e ata o propio sábado 2 de xullo Vimianzo vivirá a Revolta Irmandiña.
Así, este ano, ademais da traballadísima representación teatral, haberá, de novo, un Festival de música (a Axenda Sonora da CdM estará atenta); o I Mercado Artesanal do Asalto e a IV Ruta do Pincho Irmandiño, que xa se está convertindo en tradición.
Ademais, o venres 1 xullo coa II Cea Medieval no propio castelo, que xa ten o cartel de non hai entradas, e rematará a altas horas da madrugada do domingo cunha foliada.
Pinchos e Mercado

Do mércores 29 de xuño ao sábado 2 de xullo, a Ruta do Pincho Irmandiño será a protagonista, por cuarto ano. Ruta que estará acompañada polo Conto Fotográfico do Asalto.
O propio sábado 2 de xullo haberá actividades ao longo da tarde para toda a familia. Mostra de artesanía en vivo, Obradoiros infantís... e mesmo unha exhibición de tiro con arco. Os encargados de poñer as primeiras notas serán a Foliada de Salto e Airiños do Río Grande. A gran novidade deste ano para a tarde do evento son os espectáculos na rúa e actuacións Clown.
Xa ben entrada a tarde as rúas de Vimianzo acollerán o Circuíto Musical do Asalto. Marcote´s Street Band, Trubisquiña, Dambara Burela, Requinta do Xián e Fol Baleiro encherán de ritmo percusionista e de gaitas as rúas e bares. Todo isto mentres veciños e visitantes degustan os Pinchos Irmandiños polos bares e restaurantes da vila.
Todas estas actuacións continuarán no campo da festa do Asalto cos concertos dos ferroláns Chiculate e un dos pratos fortes do evento: Berrogüetto. Eles darán paso ao Asalto ao Castelo de Vimianzo ás 0:00h.
A festa continuará despois de derrocar aos señores do Castelo. Funky Style Brass, un grupo enérxico e alegre vido de Francia, e Malakatón e a súa rumba catalana subirán os ánimos dos irmandiños ata ben entrada a madrugada.
Este ano a representación teatral do Asalto ten por nome "Praza esperanza. A lenda do aforcado". Trátase dunha adaptación da historia de Fernando de Xinzo, una narración da supresión do poder caciquil.

É importante destacar que a organización do Asalto pon a disposición dos visitantes unha zona de acampada, servizo de cociña e un espazo para enredar os máis cativos.
Programa completo do Asalto ao Castelo 2011
IV Ruta do Pincho Irmandiño
En marcha dende o mércores 29 de xuño a sábado 2 de xullo nos bares da zona de 11:30h a 14:30h e de 19:00h a 23:00h. Irá acompañado polo Conto Fotográfico da Ruta dos Pinchos.
Ademais, o xoves 30 de xuño terá lugar a Procesión da Santa Compaña Irmandiña a partir das 19:00h.
E o venres toca Teatro de rúa coas As feiticeiras (ás 20:00h na Praza do Concello) e Cea medieval (ás 21:00h no Foso do Castelo).
O sábado, día completo de Festa
A mañá comezará cunha Ruta de sendeirismo pola terra dos Moscoso. O I Mercado Artesanal do Asalto abrirá as súas portas na Praza do Concello ás 10:00h, que se completa coa Mostra de artesanía en vivo do Castelo de Vimianzo. Haberá tamçén obradoiros infantís, Baile rexional e ata unha Exhibición de tiro con arco.
Xa pola tarde, chegan os espectáculos de rúa con Gostoso Pa, o Clown: Peter Punk, Pandereteiras, gaiteiros e percusionistas da Trubisquiña & Marcote´s Street Band, e pasarrúas a partir das 20:00h con Dambara Burela, Requinta do Xián (Rúa) e como non, os da Pereiriña, Fol Baleiro, que non perden un Asalto.
Noite no Campo da Festa
- 20:00h - Cea a base de Touciño entrefebrado con gornición e viño do país de balde.
- Fin da ruta dos pinchos: agasallo irmandiño.
Chiculate (Galicia-Folk)
- 22:00 - Grupo ferrolán formado cun repertorio aberto e dinámico.
Berrogüetto (Galicia-Folk)
- 23:15 - Grupo de folk dos máis prestixiosos de Galiza.
Representación do Asalto ao Castelo
- 00:30 - Representación teatral da obra “Praza Esperanza. A lenda do aforcado”, adaptación da antiga lenda de Fernando de Xinzo.
Funky Style Brass (Francia-Funky)
- 01:30 | Banda de tolos, adeptos ao dance floor de funk de risos cun vento espectacular que non te deixa parar de moverte.
Malakaton (Barcelona-Rumba)
- 03:00 - Grupo de rumba catalana.
Foliada (da casa)
- 04:30 | A partir desta hora, cadaquén que coide da súa gaita.
Máis información
- Programa do Asalto 2011.
- Facebook "Asalto ao Castelo".
- asaltoaocastelo.org.
- Contacto: festa@asaltoaocastelo.org
Novas relacionadas
- A nova historia do Asalto en vídeo: A Lenda do Aforcado.
- A Cherinkas comeza coa promoción audiovisual do Asalto.
- O Asalto busca heroes, artesáns e pinchos irmandiños.
- Os Irmandiños buscan o seu pincho .
- Esteiro superou a Vimianzo na Baixada de Carrilanas de Trasouteiro.
- O Asalto ao Castelo irá acompañado dunha Feira Artesanal.
- O Asalto ao Castelo de Vimianzo quece motores.
Outras novas festivaleiras
- O Nordestazo Rock xa ten cartel guerrilleiro.
- A música e o surf mestúranse no Sereas e Piratas de Razo.
- O Festival ConVdeValarés asina coa Axenda SON da Estrella Galicia e completa o cartel.
Novas e vídeos do Asalto
- Galería de imaxes do Asalto ao Castelo de Vimianzo 2010: As fotos que os Irmandiños non viron.
- Asalto ao Castelo 2010: O pobo irmandiño retomou Soneira.
- O derradeiro vídeo do XV Asalto ao Castelo de Vimianzo.
- A "Resistencia Irmandiña do 1467" xa no youtube.