O CEIP Labarta Pose e o Grupo Badius triunfa no Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación
Menuda demostración de talento zaseiro. O CEIP Labarta Pose e o Grupo de Teatro Badius levaron varios premios nos 27ª Certame de Teatro Escolar e Afeccionado do IES Rosalía Mera e a Deputación da Coruña. A Gala ateigou o Teatro Colón da Coruña para coroar as mellores propostas teatraos do país de entre as 74 obras e 947 persoas participantes.
A obra "Os Poetas e o Lume", do CEIP Labarta Pose foi a gran triunfadora na categoría benxamín. Recibiron o Prmeio á Mellor Obra da categoría, por diante de "O Pazo de Don Limpo", de Melandrainas Asociación Teatral - Grupo Faragullas CEIP Ponte dos Brozos; e "Aventura en el Valle", de Teatro Infantil - CEIP Eusebio da Guarda.
Pero ademais, María Cundíns Castro levou o premio á Mellor Actuación de Reparto, e Sinda Cundíns Caamaño o de Mellor Dirección.
As alegrías zaseiras continuaron na Categoría afeccionada, onde o Grupo de Teatro Badius de Baio levou tamén varios premios. A proposta "O Parvo" levou o Premio á Mellor Obra; Marco A. Álvarez Rodríguez o premio á Mellor Actuación, e Alberto Villar López á Mellor Dirección. Outros tres galardóns para os baieses, que deixaron por detrás ás obras "Bacantes", da Cía de Teatro Noite Bohemia; "Mucho Ruido y pocas Nueces", da Cía de Teatro Noite Bohemia; "Encrobas", de Catro Gatos; e "¡De Sastre!", de Cajón de Sastre Teatro.
Ademais, o Premio de Honra desta XXVII edición foi para Manuel Lourenzo, de Casahamlet, cando se cumpre case un ano do seu pasamento.