luns. 15.06.2026
El tiempo

O CEIP Labarta Pose e o Grupo Badius triunfa no Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación

CEIP Labarta Pose XXVII PREMIOS_TEATRO_AFECCIONADO_TEATRO_COLON-47
O Labarta Pose recollendo o primeiro premio
O CEIP Labarta Pose e o Grupo Badius triunfa no Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación

Menuda demostración de talento zaseiro. O CEIP Labarta Pose e o Grupo de Teatro Badius levaron varios premios nos 27ª Certame de Teatro Escolar e Afeccionado do IES Rosalía Mera e a Deputación da Coruña. A Gala ateigou o Teatro Colón da Coruña para coroar as mellores propostas teatraos do país de entre as 74 obras e 947 persoas participantes.

Teatro Colon cheo no XXVII PREMIOS_TEATRO_AFECCIONADO_TEATRO_COLON-31
O Colón ateigado

 

A obra "Os Poetas e o Lume", do CEIP Labarta Pose foi a gran triunfadora na categoría benxamín. Recibiron o Prmeio á Mellor Obra da categoría, por diante de "O Pazo de Don Limpo", de Melandrainas Asociación Teatral - Grupo Faragullas CEIP Ponte dos Brozos; e "Aventura en el Valle", de Teatro Infantil - CEIP Eusebio da Guarda. 
Pero ademais, María Cundíns Castro levou o premio á Mellor Actuación de Reparto, e Sinda Cundíns Caamaño o de Mellor Dirección.

As alegrías zaseiras continuaron na Categoría afeccionada, onde o Grupo de Teatro Badius de Baio levou tamén varios premios. A proposta "O Parvo" levou o Premio á Mellor Obra; Marco A. Álvarez Rodríguez o premio á Mellor Actuación, e Alberto Villar López á Mellor Dirección. Outros tres galardóns para os baieses, que deixaron por detrás ás obras "Bacantes", da Cía de Teatro Noite Bohemia; "Mucho Ruido y pocas Nueces", da Cía de Teatro Noite Bohemia; "Encrobas", de Catro Gatos; e "¡De Sastre!", de Cajón de Sastre Teatro.

Ademais, o Premio de Honra desta XXVII edición foi para Manuel Lourenzo, de Casahamlet, cando se cumpre case un ano do seu pasamento.

Comentarios