Destacan o investimento autonómico en varias estradas de Zas

Belen Docampo cos responsables municipais en Meanos

Visita institucional onte en Zas da delegada da Xunta, Belén do Campo, para salientar o investimento de máis de 158.000 euros que recibe este municipio para intervencións ao amparo do Plan Camiña Rural 25-26 que inclúe a mellora de viarios municipais para conectar núcleos e do Plan Marco 24-25, de acceso a parcelas agrícolas.

En concreto, a representante do Goberno autonómico explicou que, na convocatoria 25-26, este Concello conta cunha asignación de case máis de 80.000 euros, que lle está permitindo a mellora da capa de rodadura do acceso a Meanos. Durante a visita comprobou o resultado destas obras.

Ademais, lembrou que no marco da convocatoria 2024-2025,  contaron tamén con máis de 78.000 euros, co que se levou  a cabo a mellora da capa de rodadura dos camiños de Pudenza, Brandomil e Gomarís.

Para executar estas actuacións o Concello xa recibiu un anticipo do 100% da cantidade aprobada para este ano e solicitou a prórroga para executar esta partida con prazo ata o 11 de decembro.