luns. 10.08.2026
El tiempo

Máis de doce horas de música para pechar a Festa da Carballeira

fillas de casandra na Carballeira de Zas 2026
Fillas de Casandra na Carballeira de Zas
Máis de doce horas de música para pechar a Festa da Carballeira

éxito da primeira xornada, o 41ª edición da Festa da Carballeira de Zas amencía o sábado xa ás 12:00h, cunha programación de marcada vocación familiar. O público gozou sucesivamente do espectáculo de Paco Nogueiras, a música e o canto tradicional de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, a animación itinerante de Cé Orquestra Pantasma e o show de Mago Teto. A Foliada colleu despois o relevo, enchendo a carballeira de cantareiras e música popular, antes de que a enerxía de Alana pechase a tarde.

En paralelo, os asistentes puideron percorrer durante todo o día o Mercado da Deputación da Coruña, unha das novidades máis celebradas desta edición, que se sumou ao tradicional mercado artesanal do festival. Con máis de 50 casetas de artesanía e produtos locais instaladas no centro do recinto, o mercado converteuse nun dos puntos de maior concorrencia, xunto coa zona gastronómica.

Foliada na Carballeira de Zas 2026
Foliada na Carballeira de Zas 2026
Carballeira26_xabier_diaz-001 copia
Xabier Díaz as As Adufeiras

Grandes directos de tarde e noite

Lupe Blanco na Carballeira de Zas
Lupe Blanco presentando a Carballeira

Cando caeu a tarde, o escenario principal tomou o protagonismo cos grandes directos da edición. O esperado regreso aos escenarios de Radio Cos abriu o tramo nocturno, dando paso a continuación aos ritmos irlandeses do cuarteto BackWest.

Xa ben entrada a noite chegou un dos momentos máis esperados de todo o fin de semana: as viguesas Fillas de Cassandra pisaron por primeira vez o escenario da Carballeira de Zas para presentar o seu novo traballo, Tertulia, ante un público que encheu o recinto para vivir en directo a súa música. A sesión de Señora DJ puxo, xa de madrugada, o punto final á festa.

Cun balance moi positivo e unha gran resposta de público ao longo de toda a fin de semana, A Carballeira despídese cun bo sabor de boca e coa mirada posta xa na cita de 2027.

Alana na Festa da Carballeira de Zas 2026
Alana na Festa da Carballeira de Zas 2026

Histórico da Festa da Carballeira

Comentarios