Destacan o investimento en melloras de 8 estradas en 9 concellos da comarca

8 estradas que pasan polos concellos de Cabana de Bergantiños, Cee, Fisterra, Laxe, Muros, Muxía, Santa Comba (tamén A Baña), Vimianzo e Zas, están incluídos no proxecto de reforzo de firme da Rede Autonómica de Estradas de Galicia. Así o anunciou onte a delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, nunha visita a Zas, na que deu conta da saída á licitación destas actuacións, que terán un prazo de execución de 6 meses.

Concretamente, no Concello de Zas a delegada visitou un dos tramos da AC-404 de Santa Comba a Baio que se renovará con esta actuación. En total neste municipio está previsto a mellora de máis de 11,7 quilómetros cun investimento de case 727.000 euros.

O investimento total ascende a máis de de 3,5 millóns de euros. A representante do Goberno autonómico subliñou que non será necesario realiza expropiacións, xa que todas as actuacións se desenvolverán dentro da franxa de dominio público.