Entregados os títulos da parcelaria de Baio tras 30 anos de proceso administrativo

Imaxe da entrega celebrada hoxe en Baio

Un bo exemplo de como funcionan as administracións. A Concentración parcelaria de Baio que se iniciou no ano 1993 (hai 29 anos), e con máis de 1 millón de euros de investimento. En 2016 a Xunta xa anunciara o seu remate, pero a Xunta só necesitou 6 anos para solventar as reclamacións.

Son un total de 491 veciñ@s os que recibiron hoxe a mans do Conselleiro de Medio Rural e a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, os máis de 800 títulos de propiedade modificados no proceso. Un proceso que reorganizou unha superficie de 223 hectáreas, o que permitiu paliar o minifundismo presente na zona, dende o punto de vista da estrutura da propiedade. Concretamente pasouse dunhas 1.600 parcelas a uns 800 predios finais.

A meirande parte da superficie concentrada está dedicada a pastos (108 hectáreas) e labradío (83 hectáreas), polo que esta parcelaria tamén permitiu reducir os custos de produción das granxas ao concentrarse a súa base territorial.

 

Todos os interesados a descarga da representación gráfica xeorreferenciada das novas fincas resultantes da concentración parcelaria na páxina web da propia Consellería.

Novas relacionadas