Remata a concentración parcelaria de Baio despois de 23 anos
21:21 02/05/16
Un dos polígonos da concentración parcelaria de Baio. Imaxe: Espoagro
Os veciños e veciñas de Baio, do concello de Zas, tomarán posesión nos vindeiros días das súas novas fincas incluidas dentro da concentración parcelaria. Despois de 23 anos de proceso (que se iniciou no ano 1993) e dun investimento de 993.032,68€ a Xunta dá por rematado o traballo despois da publicación do anuncio da toma de posesión dos terreos no DOG do pasado xoves.
Por este motivo, representantes da Xefatura Territorial de Medio Rural da provincia da Coruña acudirán mañá martes no auditorio de Baio - situado no centro sociocultural - para explicarlles aos veciños os trámites que deben seguir nesta recta final da concentración parcelaria unha vez que están rematados os traballos de colocación de marcos e preparación da nova rede de camiños.
A cita terá lugar ás 12 horas, e nela os asistentes serán informados de que a toma de posesión provisional supón a posta a disposición dos veciños dos novos predios con diferentes prazos, segundo sexan zonas de monte ou estean pendentes de retirar as colleitas. Ademais, neste acto, confírese o dereito de explotación das novas fincas e se outorgan os dereitos de defensa da posesión das leiras con todos os medios que admite o ordenamento xurídico.
Reclamacións
A partir da toma de posesión, os propietarios poden medir as novas fincas, e se observan diferenzas superiores ao 2% entre a superficie e a que consta nos expedientes, teñen 60 días de prazo para facer reclamacións ante a consellería de Medio Rural antes de afrontar a fase definitiva de redacción dos títulos de propiedade e a súa posterior inscrición no rexistro.
A concentración parcelaria de Baio incluíu 220,51 hectáreas, repartidas en 1.668 parcelas pertencentes a 666 propietarios e cunha superficie media de 13,22 hectáreas. Coaconclusión do proceso, quedan establecidas 813 fincas cunha superficie media de 26,42hectáreas. Ademais, durante estes anos, se abriron ou melloraron un total de 17,16quilómetros de rede viaria, o que facilita notablemente as comunicacións nos núcleos rurais.
Novas relacionadas
- Tras 24 anos, os veciños de Cerqueda recibirán antes do verán os títulos da concentración parcelaria
- Os veciños de Cerqueda reciben os títulos de propiedade da Concentración Parcelaria
- Vimianzo esixe, tras 15 anos de traballos, os títulos de propiedade da Concentración Parcelaria de Cereixo e Carnés
- Redacción QPC ([email protected])
- Delegación Territorial Xunta de Galicia