Venres. 19.04.2024
El tiempo

Vimianzo esixe, tras 15 anos de traballos, os títulos de propiedade da Concentración Parcelaria de Cereixo e Carnés

Vimianzo esixe, tras 15 anos de traballos, os títulos de propiedade da Concentración Parcelaria de Cereixo e Carnés
Imaxe do Mapa da zona de Carnes e Cereixo Imaxe do Mapa da zona de Carnes e Cereixo

Fai máis de 15 anos que comezaron os traballos da Concentración Parcelaria de Cereixo e Carnés, en Vimianzo. E fai máis dun ano que os traballos administrativos están rematados. Pero os títulos da propiedade dos terreos seguen sen chegar. Por iso o o alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, remitiulle á Xefatura Territorial de Medio Rural da Coruña un escrito solicitando información acerca do estado actual da tramitación dos expedientes da zona.

Non entenden polo concello vimiancés "como se pode seguir adiando a entrega dos títulos de propiedade ás propietarias e propietarios". Este feito suponlle graves prexuízos a toda a veciñanza da parroquia, pois a falla de documentación das parcelas provocálles danos innecesarios e problemas de diversa índole, por exemplo á hora de mercar, vender ou arrendar as propiedades ou á hora de proceder á partición de bens froito de herencias.

O Concello de Vimianzo rebaixa o IBI para o exercicio 2016 un 20%

Nun pleno extraordinario desenvolvido na mañá do pasado sábado o goberno do Concello de Vimianzo aprobou unha rebaixa do 20% no recibo do IBI para o vindeiro exercicio. Esta rebaixa permite que as familias vimiancesas aforren 800.000€ durante a actual lexislatura mantendo o equilibrio das arcas municipais.
A medida aprobouse cos votos favorables dos concelleiros e concelleiras do BNG, do PsdeG-PSOE, Terra Galega e PP e coa abstención dos dous concelleiros de Iniciativa por Vimianzo.

Fonte

  • Concello de Vimianzo.

Comentarios