A Festa Infantil abre o completo programa de verán de Zas
01 de xullo de 2022 (08:37 h.)
Se o domingo abre a piscina, este sábado a partir das 16:00h, a Festa Infantil marcará o arranque da programación de verán do Concello de Zas.
Todas as criaturas do Concello están invitadas a pasar unha velada moi especial no Campo Municipal San Andrés e a Piscina Municipal de Zas, onde haberá inchables, tobogáns acuáticos, festa da escuma, obradoiros e moitas máis actividades.
As previsións indican que nos acompañará o bo tempo así que para desfrutar da piscina é necesario traer bañador e chanclas. Coma sempre, a entrada é de balde.