Domingo. 03.07.2022
El tiempo

Zas presenta o seu completo programa de actividades para este verán

programa-actividades-veran-2022-concello-zas copia2
Zas presenta o seu completo programa de actividades para este verán
Xa está aquí a ansiada programación de verán que este ano vén con máis actividades ca nunca, pensadas para todos os públicos.

Para os máis pequenos

    •    Campamentos urbanos: nos meses de xullo e agosto realizaremos nas Torres do Allo os campamentos urbanos dirixidos a nenas e nenos nacidos entre o 2009 e o 2018, inclusive. Haberá actividades deportivas, xogos, dinámicas, manualidades,… e será de 10:00 a 14:00 horas. Hai catro quendas (do 4 ao 15 de xullo, do 18 de xullo ao 2 de agosto, do 3 ao 17 de agosto e do 18 ao 31 de agosto). O custe é de 10€ e as prazas son limitadas.
    •    Obradoiro de San Xoán: As Torres do Allo acollen o 23 de xuño un obradoiro infantil sobre o San Xoán dirixido a nenas e nenos de 4 a 12 anos.
    •    Escolas de río: os rapaces e rapazas de 8 a 18 anos poderán participar nas Escolas de Río que realizaremos os días 27 e 28 de xuño na Ponte de Brandomil
    •    Festa Infantil: este ano recuperamos a festa infantil. Será o 2 de xullo no campo de fútbol e na piscina municipal de Zas e haberá inchables, tobogáns acuáticos, festa da escuma, obradoiros,… 
    •    DeporCampus: un ano máis volve o DeporCampus. Os adestradores do RC Deportivo dirixirán as xornadas que realizaremos do 18 ao 22 de xullo no Campo Municipal Platas Reinoso de Baio. Os destinatarios son os nenos e nenas de 6 a 14 anos.
    •    Xornada Multiaventura en Galipark: O 27 de xullo desprarémonos ata este parque de aventuras onde haberá tirolinas, rocódromo, láser tag, piscina, e moito máis. Esta é unha actividad dirixida aos nenos e nenas nacidos entre o 2009 e o 2014.
    •    Excursión Aquapark Cerceda: será o 22 de agosto e poderán ir os nenos e nenas que naceran entre o 2005 e o 2014.
    •    Summer Adventure: O 25 de agosto realizaremos outra saída. Nesta ocasión iremos ata a fervenza do Ézaro para participar nunha xincana de xogos na praia e realizar unha ruta en kayak. Está dirixida aos nacidos entre o 2005 e o 2009.

Torres do Allo

Ademáis de abrir todos os días (ata o 15 de setembro), pódese ver a exposición de Exin Castillos, realizar unha visita guiada ou participar en familia no xogo de pistas. E durante o verá tamén haberá aquí as seguintes actividades: 
    •    Scape Room
    •    Visitas teatralizadas con Os Quinquilláns todos os domingos de xullo e agosto ás 19:30 horas.
    •    Concerto de Faia Díaz: O 22 de xullo ás 20:00 horas
    •    Xornada sobre o liño, economía circular. O sábado 23 de xullo a partir das 19:00 horas na que haberá conferencias, desfile e degustación
    •    Contos nas Torres con Quico Cadaval. Sábado 20 de agosto ás 20:00 horas
    •    Contos nas Torres con Paula Carballeira. Sábado 27 de agosto ás 20:00 horas
    •    Mercado de San Ramón: o 31 de agosto despedimos a programación de verán co tradicional mercado de San Ramón no que haberá postos de artesanía, obradoiros e unha sesión vermú con Tres Pesos. 

Máis actividades culturais e deportivas

Na programación de verán 2022 do Concello de Zas tamén está incluída a Semana Cultural que será ao redor da Festa da Carballeira e cuxo programa desvelaremos proximamente. Estas son outras actividades culturais e deportivas que temos programadas para os vindeiros meses:
    •    Concerto de Oîma na Ponte de Brandomil. Sábado 30 de xullo ás 21:30 horas
    •    Monólogo de Cándido Pazó en Fornelos. Sábado 6 de agosto ás 20:30 horas
    •    Concerto de Blues do País na Carballeira de Baio. Venres 19 de agosto ás 21:30 horas
    •    Trail Nocturno Cova do Lobo. Andaina, trail nocturno e pequetrail. Sábado 20 de agosto a partir das 22:00 horas

Inscricións

Moitas destas actividades requiren inscrición previa que deberá realizarse no Centro Sociocultural de Zas (981 751 398) ou no Centro Sociocultural de Baio (981 718 056) en horario de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas.

programa-actividades-veran-2022-concello-zas copia

comentarios