Zas fomenta a pesca entre a rapazada cunha Escola de río
23 de xuño de 2022 (07:34 h.)
Os próximos 27 e 28 de xuño o Concello de Zas, en colaboración coa Federación Galega de Pesca, realiza un curso de pesca na Ponte de Brandomil. Esta é unha actividade dirixida a rapaces e rapazas de 8 a 18 anos para a que non se require ter licenza de pesca. O horario do curso é de 11:00 a 13:00 horas.
As Escolas de Río están incluídas no programa de actividades para este verán organizado polo Concello de Zas.
Novas relacionadas
- Mark Adkinson: Os evidentes beneficios da pesca sen morte.
- Alberto Vicente pode con David Arcay na competición autonómica Selectivo Salmónidos Mosca de Verdes.