O IES de Baio faise co 1º premio do Concurso de Miniempresas Coruña

Alumnado do IES de Baio gañador do premio de emprendemento cos coordinadores Gonzalo e Marta (á esquerda)

Segue demostrando ser un dos centros máis activos da comarca. Hai apenas un par de meses que se alzaban cun primeiro na Maker Faire Galicia. Hoxe, a dirección do IES Maximino Romero de Lema cóntanos que vari@s d@s seus alumn@s acaban de recibir o 1º premio no concurso Miniempresas Coruña de Eduemprende.

O concurso vén do curso pasado, coa creación da mini-empresa ATCaron, por parte do alumnado de 2º curso do Ciclo Básico de Informática de Oficina (Íñigo Cousillas, Joel Limideiro, Miguel Mira e Adrián Suárez), baixo a coordinación da profesora Marta Diz e o profesor Gonzalo de Castro-Acuña.

A mini-empresa ATCarón céntrase no deseño, construción e distribución de diferentes dispositivos baseados na tecnoloxía NFC, na transformación dixital e na Internet das cousas, orientados ao ámbito empresarial e ao consumo persoal. Por exemplo: unha pulseira que ao achegar o móbil mostra unha mensaxe, unha etiqueta para conectarse de forma automática a unha rede WiFi, unha caixa para durmir móbiles, unha camiseta que acende a lanterna do móbil, un dispositivo para acceder ao ordenador mediante unha tarxeta NFC e moitos máis….

Outras novas dos IES