Martes. 19.03.2024
El tiempo

O IES Seguro de Baio, 1º Premio na Maker Faire Galicia

Mestrxs e alumnos do IES de Baio ganadores da Feira Maker de Galicai
Os makers do IES de Baio
O IES Seguro de Baio, 1º Premio na Maker Faire Galicia

Esta semana desenvólvese a Maker Faire Galicia. A feira de creadores dixitais máis interesante do noso país celebra a súa 6ª edición integramente na rede.

Ademais da novidade de ser 100% dixital, a Feira incluía a categoría educativa, que permite competir ao alumnado do país en igualdade de condicións. A participación ofrece aos centros focalizar a ensinanza a través de proxectos, “un xeito de que os alumnos lle vexan a parte practica, asimilando mellor conceptos da empresa, e materializando as accións”, valora a profesora Marta Diz, coordinadora do alumnado TIC baiés xunto co profesor Gonzalo de Castro-Acuña.

I é que o IES Maximino Romero de Lema vén de participar, e gañar o primeiro premio, do concurso. O seu proxecto “IES Seguro” foi elaborado co alumnado de 2º de FP Básica Informática de Oficina e 1º de CM de Sistemas Microinformáticos e Redes. Íñigo, Joel, Adrián e Miguel, traballaron arreo para crear un ecosistema tecnolóxico con tecnoloxías libres de baixo custe”, e tocoulles a Adrián e Miguel presentalo ante o xurado.

A idea era “atacar a transformación dixital nun centro, e coa chegada da COVID, que mellor escenario que eses proxectos empregalos na seguridade e na prevención, intentando envitar o contacto”, explican os docentes, encantados de ver a implicación máxima do alumnado. “O día de hoxe é como o día da final, cos nervios obrigatorios, pero que se viven dun xeito moi bonito”, explica Gonzalo.

O IES Seguro, que xa está operativo en varias fases do centro, implica cartóns para facer logueos en equipos sen necesidade de escribir a contrasinal, abrir taquillas sen tocalas a través dunha fechadura que se abre a través de NCC; ou un dos proxectos estrella: un sistema de visualización de información, co gallo de eliminar papel en todas as comunicacións no centro, con pantallas que vaian dando información. Estes días está emitindo o propio vídeo do proxecto:

Comentarios