Domingo. 06.12.2020
El tiempo

Estíbaliz Espinosa fusionou ciencia e poesía no IES de Baio

Estíbaliz Espinosa fusionou ciencia e poesía no IES de Baio

Co gallo do Día da Ciencia, o activo IES Maximino Romero de Lema trouxo unha visita especial. Trouxo unha desas mulleres versátiles, capaces de todo. Ela é filóloga, tradutora, socióloga, divulgadora científica… e no centro baiñes propuxo conxugar dúas das súa paixóns, ciencia e poesía.

”A poesía ten moito que ver coa ciencia; ambas nacen da necesidade de explicar o noso mundo, os nosos sentimentos, o lugar no que nos atopamos”, presentaba a sesión.

A sesión tamén chegou en clave feminista. “Sete constelacións que xa non son invisibles”, servíndolle a metáfora para recuperar a sete bravas mulleres que foron silenciadas nun mundo histórico hipermachista. A poetisa e astrónoma Wang Zhenyi, Jocely Bell Burnell, Caroline Herschel ou a galega Antonia Ferrín Moreira, autora da primeira tese en astronomía defendida por unha muller en España, foron algunhas das historais que lembrou Espinosa.

Estíbaliz Espinosa defendeu ante o alumnado a necesidade dunha divulgación científica en galego que nos axude a non perder nunca a curiosidade e evitar caer nas redes das pseudociencias, tan estendidas nos nosos días. Rematou a súa intervención animando a manter o compromiso co mundo e as ganas de cambiar o que non nos gusta nel.

comentarios