O IES de Baio recoñece o esforzo do alumno que levou un dos únicos 20 premios extraordinarios da ESO en toda Galicia
Miguel Ramos Pastoriza vén de recibir o premio extraordinario de ESO ao rendemento académico do curso 2024-2025. Un premio que foi froito do seu esforzo, dedicación e capacidade, e que foi o único que o conseguiu de toda a Costa da Morte.
Para optar a estre premio, do que só se conceden 20 en toda Galicia, é preciso obter unha cualificación media dos catro cursos de ESO superior a 9 puntos e, a continuación, superar, no mes de xullo, unha proba de coñecementos do cuarto curso, acadando o premio as 20 persoas que obteñan unha mellor cualificación nesa proba.
Con este orgullo, a comunidade do IES Maximino Romero de Lema recibía onte a Miguel, ao que parabeniza polo seu extraordinario rendemento ao longo de toda a etapa.
Uns parabéns que se extende á súa familia e ao equipo docente do centro baiés polo apoio ao seu talento e polo acompañamento que lle prestou e
presta, que sen dúbida son esenciais para este éxito.
Máis novas