O alumno do IES de Baio Miguel Ramos Pastoriza, premio extraordinario de ESO ao rendemento académico

15:42 21/07/25
De noraboa está neste xullo a familia do IES Maximino Romero de Lema de Baio, porque veñen de coñecer que o alumno de 4º ESO Miguel Ramos Pastoriza obtivo o premio extraordinario de ESO ao rendemento académico, ao quedar entre os 20 mellores de Galicia.
"Queremos transmitirche, Miguel, os nosos parabéns polo esforzo que fixeches durante estes anos de ESO e de seguro que serguirás facendo na etapa de Bacharelato que estás a piques de comezar", sinalan dende o centro, dende onde recoñecen que "este premio gran orgullo para a nosa Comunidade Educativa e un recoñecemento para a calidade educativa do ensino rural".