A maxia de volver sentirse universitari@ na xubilación

Están encantados os maiores de 50 anos da comarca de volver, ou ir por primeira vez, á Universidade. Sentirse alumn@, volver sentir a maxia de aprender é algo que volve ser posible gracias ao Programa de Democratización do Coñecemento da Universidade Sénior da Universidade da Coruña (UDC). E na Costa da Morte o arraigo creado xa nas 7 anteriores edicións nótase, como se demostra da alta participación.

“81 persoas aquí é un éxito; temos que ter en conta que nós temos 4.200 habitantes", sinalou o rexedor Lolo Muíño na presentación acontecida onte martes no Centro Sociocultural de Baio. "Por exemplo, Betanzos ten 120 alumnos con 13.000 habitantes; para igualarnos a nós terían que ter 240 asistentes, por poñer en valor a magnitude e o éxito que temos aquí”, apuntou.

Porque Zas foi o primeiro concello da comarca en contar con este programa (agora tamén se desenvolve en Cee e en Carballo), que ata ese momento só se impartía nas cidades da Coruña e Ferrol, consolidándose como referente na extensión da formación universitaria ao rural. Nesta nova edición, 81 persoas participan nesta proposta educativa, procedentes dos concellos de Cabana de Bergantiños, Coristanco, Laxe, Vimianzo e Zas.

O rexedor, ademais de valorar a labor e implilcación municipal no pioneiro proxecto, quixo destacar a importancia dunha actividade que representa os mellores os valores do que signfica o envellecemento activo.

Ao acto de inauguración asistiron a directora da Universidade Sénior, Matilde García; a adxunta á dirección, Susana Iglesias; e o alcalde de Zas e presidente do GDR Costa da Morte, Manuel Muíño.

3 módulos

O programa estrutúrase en tres módulos compostos por sesións teóricas impartidas por profesorado da UDC. As actividades celebraranse dous días á semana, en horario de 17:00 a 19:00 horas, e abordarán unha ampla variedade de temáticas de interese social, cultural, científico e sanitario.

Este é o programa educativo que afrontan o novo alumado da Uni de Zas! 

MÓDULO I. HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS

  • 10 de febreiro: “O xigante esperto: China, a gran descoñecida”, do prof. Iván Nieto Cerdeiriña
  • 11 de febreiro: “Arte de vangarda: manual de instrucións”, do `prof. Fernando Agrasar Quiroga
  • 24 de febreiro: “A xustiza penal en España: mitos e realidades”, da profa. Eva Mª Souto García e o prof. J. Antonio Ramos Vázquez

MÓDULO II. CIENCIAS DA TERRA E TECNOLOXÍA

  • 3 de marzo: “A revolución dixital na xestión da auga”, do prof. Antonio J. Díaz Longueira
  • 4 de marzo: “O coche do futuro moverase con hidróxeno?”, da profa. Socorro Castro García
  • 10 de marzo: “Enerxías renovables e transición ecolóxica: o papel da cidadanía” da profa. Lucía Paz Aldrey

MÓDULO III. CIENCIAS DA VIDA E DA SAÚDE

  • 17 de marzo: “Cerebro: memoria, sono e rock and roll”, do prof. Casto Rivadulla Fernández
  • 18 de marzo: “Evolución ou extinción: eu decido”, da profa. Esther Fernández Fernández.
  • 24 de marzo: “Cambio climático: causas, consecuencias e solucións”, do prof. Salvador Fojón Polanco

Máis novas