Aberto o prazo para un novo curso da Universidade Sénior de Cee
A Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña, porá en marcha en 2026 a 2ª edición do Programa de Formación Universitaria Específico para persoas maiores de Cee. Esta iniciativa conta coa financiación da Xunta de Galicia e coa colaboración do Concello de Cee, e desenvolverase entre os meses de marzo e abril na Sala de Conferencias da Casa da Cultura de Cee, no Paseo Alcalde Pepe Sánchez, 9.
O prazo de inscrición, de carácter gratuíto, estará aberto do 7 ao 25 de febreiro. As persoas interesadas poderán formalizar a súa inscrición de maneira en liña, a través do espazo web da UDC Sénior Cee (https://universidadesenior.
O programa estrutúrase en tres módulos, compostos por sesións teóricas impartidas por profesorado da Universidade da Coruña. As sesións desenvolveranse dous días á semana, en horario de 17:00 a 19:00 horas, e abordarán unha ampla variedade de temáticas de interese social, cultural, científico e sanitario.
MÓDULO I. HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS
- 2 de marzo: “O xigante esperto: China, a gran descoñecida”, do prof. Iván Nieto Cerdeiriña
- 3 de marzo: “Arte de vangarda: manual de instrucións”, do `prof. Fernando Agrasar Quiroga
- 9 de marzo: “A xustiza penal en España: mitos e realidades”, da profa. Eva Mª Souto García e o prof. J. Antonio Ramos Vázquez
MÓDULO II. CIENCIAS DA TERRA E TECNOLOXÍA
- 16 de marzo: “A revolución dixital na xestión da auga”, do prof. Antonio J. Díaz Longueira
- 17 de marzo: “O coche do futuro moverase con hidróxeno?”, da profa. Socorro Castro García
- 23 de marzo: “Lume. Análise dos incendios forestais” da profa. Elvira Santiago Gómez
MÓDULO III. CIENCIAS DA VIDA E DA SAÚDE
- 7 de abril: “Evolución ou extinción: eu decido”, da profa. Esther Fernández Fernández.
- 8 de abril: “Cerebro: memoria, sono e rock and roll”, do prof. Casto Rivadulla Fernández
- 13 de abril: “Cambio climático: causas, consecuencias e solucións”, do prof. Salvador Fojón Polanco