Novos premios dixitais no Argallando.gal para o alumnado do IES de Baio
O alumnado de 3º e 4º da ESO do IES Maximino Romero de Lema, coordinados por Fina Paulos Lareo e Óscar Manuel Rey Calo, (nomeados como dous dos 10 mellores mestres de España) coa colaboración de Francisco Velo Quintela, vén de ser recoñecido na plataforma Argallando.gal polos seus proxectos innovadores que combinan tecnoloxía e tradición.
O proxecto “Namórate do rural”, desenvolto polo alumnado de Educación Dixital, foi galardoado na categoría Serea. A iniciativa recolleu lendas, contos e relatos da tradición oral da Costa da Morte, que foron xeolocalizados e dixitalizados, permitindo así conservar e difundir o patrimonio inmaterial da comarca mediante ferramentas tecnolóxicas actuais.
Pola súa banda, “O Cabazo da memoria”, impulsado desde a materia de Intelixencia Artificial para a sociedade, foi premiado na categoría Árbore senlleira. Neste proxecto, o alumnado fixo uso dos Polos Creativos e das posibilidades da intelixencia artificial para animar fotografías antigas e darlles voz a través da radio, poñendo en valor a memoria colectiva e o vínculo co territorio.
Estes recoñecementos poñen en evidencia o compromiso do centro co aprendizaxe baseado en proxectos e co uso responsable e creativo das novas tecnoloxías, achegando ao alumnado á realidade do seu entorno e á importancia de preservar as súas raíces culturais.