Obras de mellora na estrada entre Santa Comba e Zas

Da autovía seguimos sen novas algunhas dende marzo. Pero si continúan a mellora das estradas da zona. Como as obras de mellora do firme da estrada AC-404, que une este Santa Comba e o de Zas, que deron comezo a pasada mesma semana.

A actuación inclúese no plan de conservación de estradas realizado pola Axencia Galega de Infraestruturas que destina preto de 20.000 euros ao arranxo dun tramo de máis de 16 quilómetros, entre os puntos quilométricos 2+035 e 18+440, sobre os que se procederá á realización de labores de fresado e reposición do pavimento co fin de incrementar as súas prestacións e así mellorar a a adherencia e, por tanto, a seguridade viaria. Estes traballos completaranse coa renovación das marcas viarias e da sinalización vertical. Está previsto que a intervención remate a próxima semana, aínda que a súa evolución virá determinada polas condicións meteorolóxicas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Xunta.