luns. 12.05.2025
El tiempo

Melloras nas estradas de Camariñas, Carnota, Vimianzo e Santa Comba

Melloras nas estradas de Camariñas, Carnota, Vimianzo e Santa Comba
A travesia do Pindo sera unha das zonas melloradas

Canta falta fan as obras de mellora do firme nas estradas costeiras, e máis cando a realidade da Autovía cada día vese máis lonxana (xa imos polo 2016...). Pois polo menos parece que uns parches lle están a botar a varias estradas da zona.

O obxecto do presente proxecto é executar una serie de reparacións estruturais e superficiais que permitan prolongar a vida útil da rodadura ademais de mellorar a seguridade vial nos seguintes treitos:

  • AC-432 Travesía de Vimianzo (PK 0+000-1+000).
  • Travesía de Ponte do Porto (9+200-9+500).
  • AC-550 Travesía de Cee (0+000-2+500).
  • Travesía do Pindo (10+500-11+300).
  • AC-400 Santa Comba- Pereira (Pk 55+000-63+000), no Concello de Santa Comba.
  • AC-546 Negreira- Pereira (5+000-15+000), ao seu paso polos concellos de Negreira, A Baña e Santa Comba.
Plano das obras que se levaran a cabo

Os traballos centraranse en accións de fresado, estendido de betún asfáltico e formigón bituminoso, así como na reposición de sinalización, balizamento e defensas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios