Os pequechos de Zas disfrutan do Nadal a base de Obradoiros

Estes días estanse levando a cabo OBRADOIROS DE NADAL para os nenos e nenas do concello. Os pasados días 23, 24 e 27 de decembro leváronse a cabo no Centro Cultural de Zas, e os días 28, 29 e 30 no edificio de usos múltiples de Baio (nesta localidade tamén se celebraron os días 6,7 e 8 de decembro coa colaboración da Asociación Cultural Adro).

Nestas propostas, participan sobre uns 30 nenos e nenas cada día de idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos, e están atendidos por monitoraxe especializada.

As actividades son diferentes cada día, elaborando postais, árbores de nadal e centros de mesa, entre outras.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
  • Fotos cedidas polo Concello de Zas da man de Fidel Otero.