Sábado. 18.05.2024
El tiempo

As asociacións de Baio propoñen un Nadal con teatro, música e deporte

As asociacións de Baio propoñen un Nadal con teatro, música e deporte
A FABA (Federación de Asociacións de Baio) presenta os actos do Nadal cultural para este ano: deportes, corais, pandereiteiras, teatro, obradoiros, belen vivinte, etc. e, por suposto, as visitas de Papa Noel e os Reis Magos. As citas comezan este sábado 11 de decembro ás 20.30 horas no Auditorio do Concello. Alí o grupo de teatro Badius de Baio é o encargado de abrir a programación de Nadal no Concello de Zas, e vaino facer coa obra "¡Xoo...ante o perigo!", unha particular adaptación do filme "Solo ante el peligro". Unhas das citas máis singulares é o VII Memorial Pepe Valiña, que terá lugar o sábado 18 de decembro á partir das 21:00h na Igrexa nova de Baio e no que participarán o Coro de Mulleres de Vilaboa (Culleredo), a Coral de Malpica, e como non, a Coral Xan Mella de Baio. Ademais, o sábado 25 de decembro terá lugar o XXX aniversario de Adro co Belén Vivente e a actuación dos gaiteiros e pandereteiras, a partir das 18:00h na Igrexa nova de Baio. Pero sen lugar a dúbidas, a xornada máis especial é a III San Silvestre baiesa, que se desenvolverá o 31 de decembro a partidas 17:00h polo paseo fluvial, organizada pola asociación Su A Agra. O domingo 2 de xaneiro, o auditorio do Pavilón de Baio acollerá o Festival Teatral de Badius Teatro, coas actuacións dos gaiteiros e pandereteiras de Adro. E para pechar o Nadal, que mellor que a Ronda de Nadal co Tren da Unha Show de Laxe e Os de Xan Mella polos bares da vila o venres 7 de xaneiro. Ademáis das asociacións organizadoras colaboran con todos estes actos o Concello de Zas e a Deputación de A Coruña.

Programa

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da FABA.

Comentarios