Luns. 29.04.2024
El tiempo

A música coral invadíu as Igrexas de Baio e Corme

A música coral invadíu as Igrexas de Baio e Corme
Tempo de Nadal e tocou unha fin de semana Coral na Costa da Morte. Corcubión, Cabana, Corme e Baio acolleron sendos festivais. Onte xa fumos ata Cabana para escoitar a muiñeira cabanesa coa letra de Méndez Fart, e hoxe visitamos a Igrexa Nova de Baio e a Igrexa Parroquial Nosa Señora dos Remedios de Corme.

VII Memorial Pepe Valiña en Baio

Impresionante o poder de convocatoria da Coral máis internacional da Costa da Morte. O Concerto de Nadal VII Memorial Pepe Valiña celebrado o pasado sábado encheu a Igrexa Nova de Baio, para escoitar as voces do Coro de Mulleres de Vilaboa dirixido por Antonio Piñeiro, da Coral de Malpica baixo a batuta de Carlos Fidalgo, e da actuación máis agardada, coma sempre a dos anfitrións, A Coral Xan Mella, que pechaban un ano especial, no que gravaron o seu segundo disco. As favoristas do público volveron ser as pezas "Hijo de la luna" e a "Habanera de Baio" e o estreo do tema "Hasta mi final", co coro acompañado ao piano pola directora Tatiana Pankrátova e ao violín por Dasha Pankrátova,  fixo emocionarse a un auditorio entregado coa coral baiesa.

XIV Certame de Corais en Nadal de Corme

Corme tamén sentiu o poder coral na Igrexa Parroquial Nosa Señora dos Remedios. O Concello organizaba o XIV Certame de Corais en Nadal e alí actuaron a local Coral Brisas do Mar de Corme, a veciña Coral A Oliveira de Monte Branco e a Coral Lembranzas de Sta Cruz de Oleiros.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios