Papá Noel xa pasou por Zas

Que rápido é este Papa Noel. I é que como ten tanto traballo, aproveita e vai adintando pola nosa bisbarra. A semana aínda estaba por Laponia, como comprobaron os pequenos vimianceses que falaron con el por videoconferencia. Pero esta semana xa andivo por aquí. E se non que llo pregunten aos peques da Escola Infantil do Concello de Zas, que disfrutaron cos regalos que o home da carapucha vermella e a barba branca lles trouxo. As caras de alegría, iso si, mesturáronse cos choros, porque tanta barba ás veces dá medo...

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
  • Fotos cedidas polo Concello de Zas da man de Fidel Otero.