A pintura realista de Ismael Galego chega ao Centro Sociocultural de Baio
Dende onte e ata o vindeiro 12 de decembro, o Centro Sociocultural de Baio acolle unha nova exposición de pintura que chega da man de Ismael Galego.
Esta é unha mostra formada por 27 cadros nos que emprega unha técnica realista para plasmar paisaxes e outros elementos emblemáticos da nosa terra; tales como hórreos, festas, rúas,…
Ismael Galego, nado en Agolada (Pontevedra) e afincado na Coruña, adicouse á Enxeñaría ata o 2014. Foi neste ano cando descubriu a súa faceta como pintor e que recoñece que lle apaixona.
Durante a inauguración da mostra, Ismael Galego agradeulle ao Concello de Zas a posibilidade de expoñer os seus traballos.
Pola súa banda, o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, recordou que este ciclo de exposicións serve para que “o Centro Sociocultural de Baio sexa un espazo de referencia para as exposicións e dende o que se espalla a cultura a toda a comarca”. Así mesmo incidiu en que este é un lugar no que teñen cabida os artistas menos coñecidos e próximos a nós.
A exposición de pintura de Ismael Galego pode verse ata o 12 de decembro co seguinte horario de visita:
• De martes a venres, de 15:30 a 20:30 horas.
• Sábados, de 10:00 a 14:00 hor